Excarcerada unha persoa despois dunha colisión entre dous turismos en Carballeda de Avia

Publicado por o día 10/01/2020 na sección de Sucesos

Excarcerada unha persoa despois dunha colisión entre dous turismos en Carballeda de Avia

Unha colisión entre dous coches esta tarde en Carballeda de Avia saldouse cunha persoa que precisou asistencia médica. O accidente produciuse no punto quilométrico 257 da A-52, en sentido a Vigo, e foi necesario excarcerar á vítima ao quedar atrapada no interior dun dos turismos implicados no accidente.

Foi unha persoa particular quen alertaba do ocorrido ao 112 Galicia ao fío das 15:45 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, do GES de Ponteareas e de Ribadavia, dos Bombeiros de Xinzo de Limia, do Carballiño e de Vigo, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Carballeda de Avia.

Saída de vía dun autobús

Por outra banda, en Nogueira de Ramuín, un autobús escolar que cubría a liña entre Luintra e Faramontaos e no que viaxaban tres persoas, entre elas unha menor, rematou fóra da vía e bateu contra un muro producíndose, afortunadamente, tan só danos materiais.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as tres persoas que viaxaban no autobús quedaron atrapadas no interior do vehículo, ao non poder saír debido a que as portas do coche de liña finalizaron encaixadas no valo. Así, deste xeito, os servizos de emerxencia liberaron á pasaxe e ao condutor a través dunha das ventás do autobús.

Nada máis ter coñecemento da situación a través do propio chofer ás 16:40 horas, desde o CIAE 112 Galicia pasouse o aviso á Garda Civil de Tráfico, ao GES do Pereiro de Aguiar, aos Bombeiros de San Cibrao das Viñas e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Nogueira de Ramuín.

Comentar noticia

Your email address will not be published.