Excarcerada unha persoa en Sada ao sufrir un accidente co tractor que manexaba

Unha persoa necesitou a axuda dos Bombeiros de Betanzos na tarde de hoxe despois de sufrir un accidente cun tractor no lugar da Fraga, no concello coruñés de Sada. De feito, segundo a información facilitada polos bombeiros ao 112 Galicia, foi necesario o uso do material de excarceración para liberar á persoa que rematou atrapada ao envorcar o vehículo agrícola.

O incidente ocorreu na parroquia de Veigue ao fío das 16:30 horas. Foi nese momento que os axentes da Policía Local contactaron co Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia para informar da situación e solicitar a intervención dun equipo de excarceración.

Así, os xestores do 112 pasaron aviso aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil de Sada.

Unha vez no punto, os Bombeiros confirmaron que excarceraron a persoa ferida que, posteriormente, foi atendida polo persoal sanitario.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM