Unha saída de vía saldouse esta tarde con dúas persoas feridas na estrada PO-548 a o seu paso polo concello de Vilagarcía de Arousa, en Pontevedra.
Foi a chamada dunha persoa particular, ás 18:30 horas, quen informaba ao 112 Galicia dun vehículo que sufriu unha saída de vía na estrada que une as localidades de Catoira e Carril, a altura da gasolineira. No seu relato, indicaba que os ocupantes podían estar atrapado.
Nada mais recibir o aviso, desde 112 Galicia alertouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vilagarcía e aos axentes da Garda Civil de Tráfico. Tamén se solicitou a colaboración da Policía Local e Servizo Municipal de Emerxencias da localidade.
Tras chegar ao punto, os membros servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que unha vez liberados os ocupantes a través da porta do acompañante, foron trasladados en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.