Excarcerado o condutor dun turismo tras envorcar despois de saírse da vía en Ourense

Publicado por o d√≠a 16/05/2019 na sección de Galicia,Ourense,Sucesos

Excarcerado o condutor dun turismo tras envorcar despois de saírse da vía en Ourense

Os servizos de emerxencias acudiron esta madrugada ata a R√ļa de Rabo de Galo, en Ourense, para rescatar a un home que resultou ferido ao envorcar o coche no que viaxaba.

Foron varios os particulares que chamaron ao Centro Integrado de Atenci√≥n √°s Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para informar do accidente, ao f√≠o da 1:30 horas da madrugada de hoxe. O veh√≠culo sa√≠use da v√≠a cando circulaba pola N-525 e ¬†envorcou, dificultando o acceso ao √ļnico ocupante do turismo.

Alertados polos xestores do 112 Galicia, acudiron ao lugar do sinistro os servizos sanitarios, os Bombeiros de Ourense, a Polic√≠a Local e o servizo de mantemento da estrada. Os membros de Protecci√≥n Civil da localidade tam√©n foron alertados por se fose necesaria a s√ļa intervenci√≥n.

Finalmente, os efectivos do Servizo de Prevención Extinción de Incendios e Salvamento confirmaron que foi necesario o uso do material de excarceración. Unha vez liberado, o condutor ferido foi evacuado ao centro hospitalario de referencia polo persoal sanitario.