Excarcerado o condutor dun turismo tras saírse da vía co seu vehículo en Pol

Publicado por o d√≠a 25/01/2020 na sección de Sucesos

Excarcerado o condutor dun turismo tras saírse da vía co seu vehículo en Pol

Unha saída de vía na N-640, á altura do punto quilométrico 65, rematou co condutor do vehículo excarcerado na tarde de hoxe. Unha vez liberado, o ferido foi trasladado ao Hospital Universitario Lucus Augusti.

O 112 Galicia tivo constancia do suceso ás 16:30 horas cando axentes da Garda Civil de Tráfico chamaron para informar dun accidente no concello lucense de Pol. Segundo a información facilitada aos xestores do 112, a persoa necesitaba axuda para abandonar o vehículo.

De inmediato, desde o 112 Galicia pux√©ronse os feitos en co√Īecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, dos membros de Protecci√≥n Civil e do servizo de mantemento da v√≠a.

Unha vez no lugar do sinistro, os bombeiros fixeron uso do material de excarceraci√≥n para liberar ao √ļnico implicado no accidente que, finalmente, puido ser evacuado en ambulancia ao centro hospitalario.

Comentar noticia

Your email address will not be published.