Un home tivo que ser excarcerado a pasada tarde polos Bombeiros do Porriño despois de que o coche no que circulaba caese por un desnivel no termo municipal pontevedrés de Gondomar. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Porriño, tras liberar ao condutor e único ocupante do turismo accidentado, axudaron ao varón a saír do terraplén e o levaron ata a ambulancia.
O accidente ocorreu no lugar de Vilas, na parroquia de Mordagáns, ao fío das 19:20 horas.
Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para dar conta do accidente.
Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, do GES de Val Miñor, dos Bombeiros do Baixo Miño e de Vigo, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.
Noticias de última hora en Vigo