Excarcerado un home en Foz despois de saírse da vía o turismo no que viaxaba

Por o 14/05/2018 | Sección: Sucesos
Excarcerado un home en Foz despois de saírse da vía o turismo no que viaxaba

Un home resultou ferido esta mañá en Foz ao saírse da vía o turismo no que circulaba, que rematou envorcado. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Barreiros.

O accidente ocorreu nas proximidades da igrexa de Santa Cecilia, na parroquia de Santa Cilla do Valadouro, ao fío das 9:20 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do sinistro a través do 061-Urxencias Sanitarias.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia pasaba o aviso aos Bombeiros de Barreiros, ao GES de Cervo, á Garda Civil e a Protección Civil.

Finalmente, o ferido foi trasladado nunha ambulancia a un centro médico.