Excursión a Ponte de Lima para os maiores mosenses

Prazo de inscrición aberto ata o 25 de outubro
Publicado por o día 22/10/2017 na sección de Eventos,Galicia,Mos

Excursión a Ponte de Lima para os maiores mosenses

Dende a concellería de Participación Cidadá mosense que dirixe a edil Julia Loureiro infórmase de que se atopa aberto o prazo de inscrición na excursión para maiores do municipio a Ponte de Lima (Portugal) que terá lugar o vindeiro sábado 28 de outubro. Dito prazo de inscrición rematará o mércores 25 de outubro e as prazas para participar son limitadas, polo que se recomenda aos interesados en participar que se anoten canto antes. Para incribirse deben dirixirse ao Rexistro do Concello ou á Omix no edificio Multiusos das Pozas.

A actividade, cun prezo de 30 euros por persoa, vai dirixida a persoas empadroadas en Mos maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 55.


As visitas programadas para o día da viaxe son Casa da Nossa Senhora da Aurora, Centro de Interpretación do Vinho Verde, Parque do Arnao e Festival Internacional de Xardíns.

Os obxectivos desta excursión son dar resposta á demanda da cidadanía veciña de Mos da terceira idade de viaxar, facer visitas culturais, favorecer o coñecemento doutras localidades no país veciño, promover o turismo como ferramenta de lecer, aprendizaxe e socialización, impulsar a participación e integración social das persoas maiores na comunidade e previr a soidade.

Os/as interesados/as en obter máis información sobre esta iniciativa poden chamar ao teléfono 986 33 94 04.