Executiva nacional de EU celebra a moción de censura presentada por EU-Os Verdes-SON, ICM e BNG-AA ao goberno do PP de Mugardos

Publicado por o día 02/08/2016 na sección de Esquerda Unida,Mugardos,Política

Executiva nacional de EU celebra a moción de censura presentada por EU-Os Verdes-SON, ICM e BNG-AA ao goberno do PP de Mugardos

A Executiva Nacional de Esquerda Unida, reunida esta tarde en Compostela, valorou moi positivamente o traballo levado a cabo polos partidos da oposición en Mugardos (EU-Os Verdes-SON, ICM e BNG-AA), que presentaron unha moción de censura ao goberno do Partido Popular coa esperanza de formar, no pleno extraordinario do día 12 de agosto, un goberno de esquerdas que defenda á maioría social.

Por iso, a Executiva Nacional de Esquerda Unida aplaude a moción de censura, un mecanismo democrático moi positivo para os intereses da maioría social e que permitirá traballar a partir de agora de forma conxunta, cooperativa e responsable.