Executivos das principais navieras norteamericanas coñocen Vigo da man da Xunta para impulsar o turismo de cruceiros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na visita que incluíu parada no Parque do Castro, Castrelos ou o Pazo de Quiñones de León
Publicado por o día 26/10/2019 na sección de Galicia,Turismo,Vigo,Xunta de Galicia

Executivos das principais navieras norteamericanas coñocen Vigo da man da Xunta para impulsar o turismo de cruceiros

Un grupo de executivos das principais navieiras norteamericanas, planificadores e responsables do deseño dos itinerarios, visitaron hoxe a cidade de Vigo dentro dunha viaxe de familiarización organizada pola Xunta de Galicia que se estenderá durante toda a semana.

Trátase dunha acción que dá continuidade á promoción que vén facendo nos últimos anos en Estados Unidos e que permite que estes profesionais coñezan e actualicen os seus coñecementos dos portos galegos, as súas instalacións e servizos, e a nosa Comunidade como destino para enriquecer as escalas dos buques de cruceiro.

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nesta visita, dando a benvida e recibindo aos participantes, durante a que puideron coñecer gran parte dos recursos turísticos da cidade, incluíndo unha parada no Castro, en Castrelos ou no Pazo Quiñones de León.

A viaxe continuará durante toda esta semana, incluíndo unha visita ao porto de Vigo, así como o coñecemento da Ribeira Sacra, con visitas a San Pedro de Rocas ou Santo Estevo de Ribas de Sil. Tamén coñecerán a tradición mariñeira de Galicia (Baiona, Cambados ou Combarro) así como algúns destinos urbanos como A Coruña, Lugo, Ferrol, Pontevedra ou Santiago de Compostela.

Una respuesta para "Executivos das principais navieras norteamericanas coñocen Vigo da man da Xunta para impulsar o turismo de cruceiros"

  1. Gamela   27/10/2019 at 0:59

    Se os levou ao Castro supoño que deberon quedar IMPRESIONADOS polas vistas!

    https://flic.kr/p/6Mp7Jn

    Lembrades cando Feijoo trouxo aos de PEMEX para que mercaran Barreras ?
    Pois iso… outra desfeita está a punto de caernos enriba, agora serán os cús gordos dos obesos norteamericanos percorrendo Vigo !!!

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.