Exito rotundo na xornada protesta Festa do Solpor

Centos de persoas piden en Vigo unha Porta do Sol peonil sen túnel
Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,Protestas,Vigo

Exito rotundo na xornada protesta Festa do Solpor

No día de onte deronse concentración ás 20:30h na contorna do Paseo de Alfonso nunha xornada reivindicativa na que se pide dialogo co concello, a xornada baixo o titulo “Festa do Solpor” convocada polo movemento cidadán Vigo Histórico que é un colectivo sen adscrición política que quere facer peonal o Paseo Alfonso Elduayen e a Porta do Sol sen túnel.

O proxecto de peonización do Concello comprende só a Porta do Sol, e supón facer un túnel por baixo cuias rampas de entrada/saída terán unhas dimensións de 70m de longo e 7m de profundidade en Policarpo Sanz e en Elduayen.

Foi unha singular protesta na que a cultura xogou un papel predominante. A artista Su Garrido ofreceu unha actuación antes da lectura inicial do manifesto, que estivo seguida dunha ‘performance’ de Orisel Gaspar e un recital de Silvia Penas. O acto acabou coa lectura final do manifesto.

As peticións do movemento

O túnel non reduce o tráfico, Sotérrao. O impacto visual e de ruidos das rampas vai ser considerable (tomar como referencia o Berbés). A peonización con túnel non acadará o que o Vigo Vertical persegue. O túnel non poría en valor o Paseo de Alfonso, que de ser peonil sería un espazo emblemático para Vigo.

O espazo peonil “Porta do Sol – Elduayen – Paseo Alfonso” conectaría con Falperra, Ferrería e futura Panificadora, facendo un Vigo Histórico intermodal atractivo para turistas e cidadanía Viguesa. Ademais, os grandes eventos como Cabalgata ou desfiles de comparsas non se verían afectados.

Para o Tráfico, hai alternativas

1- Fundamental: O obxectivo de peonalizar é reducir o tráfico. A administración debe facilitar e promover o uso do transporte público, e o uso de medios de mobilidade alternativa (bici,patinete…), e a cidadanía ten que acostumarse a coller menos o coche.

2- A peonización pode ser progresiva, para reducir o impacto inicial (pola contra, a obra o túnel vai cortar abruptamente o tráfico).

3- Redefinir as liñas de buses para conectalas co Vigo Vertical e acceder cómodamente a Porta do Sol vía escaleiras ou ascensores.

4- Reordenación do tráfico e sentidos de circulación para facilitar os fluxos, contando coa reducción de coches.

5- Parkings disuasorios conectados co centro mediante transporte público frecuente, ou mediante novos medios de mobilidade urban.

6- Fomentar carriles para bicis, patinetes, bicis eléctricas… Cada medio de mobilidade personal é un coche menos. Sen descartar Tranvía ou Bus eléctrico.

Esta cidade está preparada para o cambio sostible, e este concello pode facelo realidade.

Consideraciones

Consideran que a peonalización é posible cun mero corte de tráfico entre Pórtaa do Sol e o Paseo de Alfonso XII. Ademais, consideran que os traballos -que empezarán no outono se non hai atrasos- poñen en risco os edificios do século XIX e os xacementos existentes, xa que a escavación alcanzaría os sete metros de profundidade.

Detalles do proxecto

O manifesto

O Movemento cidadán VigoHistórico é un colectivo que non está vencellado a partidos políticos, formado por persoas que teñen a idea de facer completamente peonil a Porta do Sol, Elduayen e o Paseo de Alfonso, pero sen túnel por debaixo de ningún tipo. Nace coa idea de crear o debate na sociedade Viguesa sobre o estilo de Cidade que queremos, ante a oportunidade que xurde co proxecto de peonalización da Porta do Sol. Este movemento está aberto a todo o mundo que queira aportar.

Para peonalizar a Porta do Sol, o concello ten previsto facer un tunel por baixo, aproveitando un tramo do parking existente, e facendo a ceo aberto o resto. Isto implica que, para liberar de coches un total de 200m no futuro espazo, farań falla rampas de entrada/saida de máis de 7 metros de profundidade e 70 metros de longo cada unha. Para facerse unha idea, hai que pensar nas dimensións das entradas do túnel de Beiramar no Berbés.

Existe un gran consenso entre a cidadanía viguesa sobre a peonalización da Porta do Sol. Todo o mundo ten claro que será positiva para a cidade. O Movemento cidadán VigoHistórico participamos tamén deste consenso, xa que dinamizará ainda máis parte do centro de Vigo e conectará o Casco Vello alto e o Casco Vello
baixo, que ata agora estaban divididos.

Porén, cremos que o proxecto debe ser máis ambicioso e eliminar o túnel, deixando a zona completamente peonalizada e libre de vehículos dende a rotonda do Paseo de Alfonso ata a porta do Sol.
Estamos ante unha situación excepcional, que debemos aproveitar, xa que coinciden no tempo varios factores: a tendencia europea de reducir emisións e vehículos nas cidades, o feito de que a xente de Vigo quere a praza peonal, a proximidade da nova concesión do transporte urbano, e a consecución de fondos europeos por parte do Concello para o proxecto Vigo Vertical.

Facendo o túnel, simplemente estamos soterrando o tráfico, pero non imos reducilo. Incluso aumentará, debido ao “efecto chamada”, xa que aforrará ata catro semáforos aos vehículos. As cidades deben buscar unha mobilidade menos contaminante, fomentar o transporte público e alcanzar un descenso sustancial de vehículos de combustión nos centros urbáns. Noutras palabras: pensar a cidade para as persoas, e non para os coches. Facer un Vigo con aire máis respirable, menos ruídoso e máis sostible. O proxecto Vigo Vertical quedaría incompleto sen unha peonalización total das rúas Paseo de Alfonso, Elduayen e Porta do Sol. Ademais, o impacto visual das rampas do túnel, a saída de fumes do seu interior, e a reberberación de ruídos de vehículos nas entradas e saídas, farán un socavón, unha falla entre o Casco Vello Alto e o Baixo en contra do que o proxecto da peonalización na Porta do Sol persegue. O resultado non será todo o efectivo, agradable e atractivo que podería chegar a ser.

Consideramos que estamos ante unha grande oportunidade de recuperar un espazo único: o Paseo de Alfonso. Peonalizado, poderíamos poñer en valor tanto o miradoiro excepcional das Illas
Cies – o noso orgullo cara o mundo, futuro patrimonio da Unesco – como a Oliveira, o símbolo da nosa cidade. Sería un lugar emblemático para Vigo e sumaríase a Praza da Constitución e a nova
Porta do Sol como enclaves dinamizadores do centro, dos que gozarían tanto cidadáns como visitantes.

Outra vantaxe da peonalización sen tunel, sería poder manter o formato actual de eventos que cada ano son máis exitosos, como a cabalgata de reis, ou o desfile de comparsas do entroido. Facendo
pasar os percorridos por un Vigo Histórico peonil, o público estaría garantizado. Pola contra, co túnel, habería que buscar outro trazado, afastandos da Porta do Sol. A Festa da Reconquista tamén se podería ver beneficiada por este aumento de espazo sen vehículos.

É fundamental para recuperar completamente o centro de Vigo o feito de unir peonilmente a Porta do Sol co paseo Alfonso, xa que facilitaría o acceso aos antigos barrios históricos de Pracer e Ferrería (no que se fixo unha moi boa labor de rehabilitación con gran investimento), ademáis de conectalo con Falperra e a Panificadora, cando este proxecto sexa realidade. Un centro intermodal multiplicaría o atractivo de Vigo a nivel turístico e o orgullo da propia cidadanía. Ademáis de facer xustiza á memoria da cidade.

Obviamente, hai que seguir facilitando o acceso ao centro urbán, a residentes e a toda a poboación de Vigo, así como a visitantes que queiran coñecer a nosa fermosa cidade. Sabemos que eliminar a vía de tráfico de Elduayen supón un reto, pero dende o colectivo VigoHistórico temos o convencemento de que esta corporación será capaz de acometelo.

Como colectivo queremos aportar, a nivel de participación cidadá, as seguintes propostas para acadar este Vigo Histórico. Tendo sempre en conta que é o Concello quen debe (e sabe) planificar e executar as medidas:

1 – O obxectivo fundamental de peonalizar é reducir tráfico e emisións. Facer a cidade para as persoas e non para os vehículos. Esto supón un cambio de mentalidade da sociedade. Os cidadáns
temos que acostumarnos a coller menos o coche, e as administracións deberán facilitarnos sistemas e alternativos de transporte, e o uso de novos medio de movilidade urbana.

2 – A implantación da peonalización total non ten que ser de súpeto. Implantaríase de forma gradual, reducindo nun primer paso o número de vehículos da forma que o concello considere, para posteriormente deixar soamente autobuses, taxis e motocicletas, antes da completa restricción do tráfico (agás o de emerxencias). O impacto sería menor que un tunel feito a ceo aberto cun corte abrupto de tráfico.

3 – A nova concesionaria do transporte público, o Concello, e a aportación cidadá, poderían redefinir as liñas de autobuses, de tal modo que se evite a Porta do Sol, pero que se acceda de forma áxil a ela. Para este fin pódese aproveitar, por exemplo, os ascensores ou escaleiras xa instalados do Vigo Vertical, e implantar outros novos en puntos proximos a paradas de bus. O ascensor dende o Berbés ao Paseo de Alfonso, dentro da obra do Barrio do Cura, será unha infraestructura a ter en conta.

4 – Somos conscientes de que a morfoloxía de Vigo fai que se cree unha estrangulación de vías entre o monte do Castro e o mar. Porén, Unha axeitada reordenación do tráfico por parte dos técnicos do concello – sumada a reducción de vehículos provocada pola peonalización – faría que restar unha rúa non supoña un problema. Cremos que co bo facer do Concello, a participación cidadá, e a
experiencia acadada na reducción gradual de tráfico, o tránsito en Vigo será fluído e agradable.

5 – É indispensable que a veciñanza das parroquias de Vigo, ou doutras vilas que queiran visitarnos, poida ter alternativas para deixar o coche e acceder ao centro cómodamente. Para iso, hai que tomar accións a nivel urbanístico para facilitar aparcamentos disuasorios, como se fai en moitas vilas europeas. O Concello será quen de atopar novos espazos, ou reconvertir instalacións que quedan en desuso, para convetilas en aparcadoiros onde deixar o coche e acceder ao centro, ben a pe, ben en bici ou patín, ben co Vigo Vertical, ou ben en transporte público. Ademáis, a boa sintonía actual entre Zona Franca e Concello, facilitará a colaboración entre administracións para a reconversion de espazos a este fin.

6 – Por último, non se deben descartar outras alternativas de movilidade. Cremos que o futuro do transporte urbano debe basearse nun transporte público ecosostenible -preferentemente eléctrico- que contemple o uso dos novos sistemas de movilidad personal (VMP) como compartir vehículos, bicicletas, monopatíns… Os carrís bici xa iniciados polo concello abofé restarán un bo número de vehículos no centro da cidade. Esto é posible mesmo con choiva (basta ver cidades con climas ainda máis chuviosos que o noso, como en Holanda ou Dinanarca). Un bo trazado destas vías, e de novas que se poden implantar, permitirá evitar as rúas con maior pendente, que serán salvadas cos ascensores existentes e futuros do Vigo Vertical. Todo isto sen deixar de plantexarnos novos transportes públicos alternativos, como minibuses eléctricos ou tranvías.

Cremos que as veciñas e veciños de Vigo temos preparación para o cambio sostible. E cremos que o Concello pode facelo realidade. Por un Vigo para as persoas, Vigo Histórico peonil.

Fotos do festival

Una respuesta para "Exito rotundo na xornada protesta Festa do Solpor"

  1. Gamela   31/08/2019 at 7:12

    Que pretende o alcalde? Darlle saída aos novos propietarios dos 56.000 m2 do Barrio do Cura!
    Salir do garaxe, ter unha rotonda na Oliveira e pillar o túnel para chegar en 5′ á Autoestrada!
    Ese é o único modelo que ten na cabeza quen xa anunciou que esta obra non a vai parar ninguén!
    E como todo o mundo sabe, cando Abel toma unha decisión está disposto a empregar a forza e os procedementos xudiciais para AMORDAZAR á cidadanía! https://flic.kr/p/PUqMVr

    Así que deberamos preguntarnos ¿cantos están dispostos a ir ao cárcere para defender Vigo?

    Responder

Comentar noticia

Your email address will not be published.