Éxito de participación na nova campaña de reciclaxe de FCC nas Illas Cíes

A través desta iniciativa, os usuarios das navieiras que realizan o transporte a Cíes reciben tres bolsas para separar os residuos xerados e depositalos nos colectores instalados na Estación Marítima de Vigo.
Por o 19/08/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Éxito de participación na nova campaña de reciclaxe de FCC nas Illas Cíes
Compartir en:

A IV edición da campaña de reciclaxe nas Illas Cíes, promovida por FCC, leva entregados ata a data máis de 6.000 kits de bolsas de reciclaxe de residuos, mostrando así a elevada participación por parte dos usuarios das navieiras que realizan o transporte ao Parque Nacional e a súa colaboración a hora de manter o arquipélago libre de lixo.

Baixo o lema “Vas ao paraíso, volve deixando un paraíso. En Cíes, nin residuos, nin lixo”, a iniciativa que deu comezo o 25 de xullo e que finalizará o derradeiro fin de semana de agosto (sábado 31-domingo 1 setembro), repartirá un total de 20.000 bolsas de reciclaxe entre os visitantes ás Illas, de xeito que poidan separar os residuos xerados durante a súa estadía no Parque e depositalos, ao seu regreso, nos colectores instalados na Estación Marítima de Vigo.

Antes de subir ao barco que os levará ata as Cíes, os viaxeiros reciben un pack con tres bolsas diferenciadas: azul para papel e cartón, amarelo para plásticos, latas e bricks e verde para o vidro. O kit inclúe tamén unha pequena guía explicativa sobre a campaña e sobre a riqueza animal e vexetal que se pode atopar nas Illas.

Con esta campaña, FCC pretende contribuír a preservar o patrimonio natural das Illas Cíes e concienciar aos cidadáns da importancia de recoller e separar os residuos xerados.

Vigo, cidade máis limpa

Nos últimos anos, Vigo converteuse na cidade galega con máis galardóns pola limpeza das súas rúas (6 Vasoiras de Platino consecutivas: 2008, 2010, 2012, 2014, 2016 e 2018) e aparece en todos os rankings das cidades máis limpas de España. Vigo é a cidade que máis e mellor recicla en toda Galicia.

Comentar noticia

Your email address will not be published.