Éxito dos programas de prevención de conductas adictivas

Publicado por o día 20/09/2018 na sección de Galicia,Redondela

Éxito dos programas de prevención de conductas adictivas

Unha vez rematado o curso 2017/2018 e estando iniciándose o 2018/2019 o Concello de Redondela e a Asociación Érguete se reuniron para facer unha valoración dos programas iniciados o pasado ano por esta asociación encamiñados á prevención de condutas adictivas. Neste convenio no que tamén colabora a Xunta de Galicia se incluiron actividades destinadas aos nenos e nenas, aos adolescentes e tamén as familias con gran éxito de participación e cunha elevada valoración por parte dos participantes que mostras nas enquisas cubertas un nivel de satisfacción cos programas de notable.

Este Plan Integral de condutas adictivas pretende detectar necesidades de intervención, deseñar e elaborar programas de prevención, difundir a oferte preventiva, distribuir e coordinar os programas e avaliar resultados. A prevención é a ferramenta básica para evitar ou retrasar o inicio do consumo de drogas.

Os programas que se aplicaron no ámbito escolar foron 3 incluindo con estes tres todas as idades escolares Infantil, primaria, secundaria, postobligatoria, bachiller e ciclos formativos. As mensaxes e a formación se da sempre enfocada á idade dos asistentes pero sempre fomentando os estilos de vida saudables, reducindo os factores de risco asociados ao consumo de drogas.

Tamén se inclúe no plan programas enfocados ás familias e en Redondela leváronse a cabo tres nos que participaron un total de 185 familias.

Outras das accións se levou a cabo nas autoescolas concienciando aos novos conductores da perigosidade que supón o consumo de alcol se vas a conducir.

Xa enfocado ao ocio nocturno e dentro da campaña que o Concello de Redondela iniciou no Entroido de Verán Redonde 0,0 dende a Asociación Érguete se impartiron charlas a hostelería para informar das consecuencias da venta de alcol aos menores. E xa na celebración do entroido se realizaron obradoiros como o de cócteles saudables e o de popping com boa acollida entre os mais novos.

“Estamos moi satisfeitos coa execución deste Plan Integral de Concutas adictivas xa que resulta moi útil para as familias e para os [email protected] e adolescentes. Pensamos que a información é unha das bases principais para a prevención”.