Éxito na concentración contra a suba de prezos de Vitrasa

Publicado por o día 07/04/2014 na sección de Vigo

Éxito na concentración contra a suba de prezos de Vitrasa

O pasado día 2 de abril ao redor de 100 persoas concentráronse de forma pacífica na Farola de Urzáiz para protestar pola suba dos prezos no Vitrasa. Nada máis chegar, a policía identificou a tres persoas e posteriormente chegarían dous furgóns da Policía Nacional a pesares de que a concentración transcurríu en todo momento con total normalidade.

Despois de rematada a concentración e lido un manifesto, os asistentes camiñaron ata o Sereo mentras informaban aos viandantes das reivindicacións que dende a Asemblea Popular de Vigo tiñan para un transporte público na cidade. Cando os asistentes xa se estaban disolvendo os axentes da  Policía Nacional advertiron ás persoas que foran identificadas que ían ser propostos para sanción por non teren pedido permiso para manifestarse.

Dende a Asemblea Popular de Vigo cremos que isto é un novo intento de criminalizar a resposta social, que emerxe ante os ataques do capitalismo aos sectores populares da sociedade e amosa a necesidade de participación cidadá e da creación de poder popular, como unha forma de defensa a nivel local ante estes ataques indiscriminados ao pobo.