Éxito no seu debut en competición do drupo de Danza Coreográfica do Club Baila-Mos

A campiona mosense Patricia Martínez dirixe e adestra ó Club
Publicado por o día 22/03/2019 na sección de Galicia,Mos

Éxito no seu debut en competición do drupo de Danza Coreográfica do Club Baila-Mos

O Club Baila-Mos que dirixe e adestra a campiona mosense do Baile Deportivo, Patricia Martínez, participou o pasado domingo nunha competición puntuable para o ranking nacional que se celebrou na Estrada.
Nela estreouse o primeiro grupo da modalidade de Danza Coreográfica do Club Baila-Mos, composto por Ainara Rodriguez, Sara Requejo, Noa Pintos, Shaila Pintos, Elena Gamallo e Eva Calvar.
As 6 compoñentes forman o grupo “As Meninas” e compiten na modalidade Danza Coreográfica, categoría Junior Territorial Iniciados. A súa estrea foi todo un éxito, pois na súa primeira competición conseguiron o 2° posto contra a Absoluta Territorial, e o 1° posto na súa categoría Junior.

Patricia Martínez declarouse como adestradora súa “súper orgullosa de As Meninas, de todo o traballo que fixeron no último ano e sobre todo contenta de que probasen o fantástico mundo da competición”.
En Modalidade de Baile Deportivo competiron as parellas formadas por Iago Antepazo e Tamara Carreira que conseguiron o 1° posto en Standard e 2° posto en Latinos. Maximino Remiseiro e Alicia Chaves 1° posto en Standard e Latinos. Ramón Pérez e Rosa Schwarz 1°posto en Latinos. Cada un nas súas correspondentes categorías de idade.

Martínez, como Técnica responsable do Club Baila-Mos xunto co seu compañeiro Adrián Esperón, quixo “darlles os parabéns a todos os que onte participaron na Estrada e lanzarlles unha mensaxe: non hai premio sen esforzo, non hai recompensa se non te sacrificas, non hai vitoria sen loita”.