Éxito rotundo de inscricións no CAMPIONATO MUNDIAL DE SALTO DE CHARCOS SOLIDARIO do Centro Comercial Gran Vía de Vigo

As prazas para poder participar esgotáronse días antes do peche de prazo. Contamos con 80 saltadores, desde nenos de 5 anos ata unha persoa de 75 anos
Por o 13/01/2019 | Sección: Eventos
Éxito rotundo de inscricións no CAMPIONATO MUNDIAL DE SALTO DE CHARCOS SOLIDARIO do Centro Comercial Gran Vía de Vigo
O PRIMEIRO CAMPIONATO MUNDIAL DE SALTO DE CHARCOS SOLIDARIO GRAN VÍA DE VIGO arrasou entre os seus clientes xa que se esgotaron as prazas de participación antes da data de fin de inscricións contando con 80 saltadores en total. A competición terá lugar o próximo 26 de xaneiro ás 18:00 horas na Planta 0 do Centro Comercial e espérase que D. Abel Caballero, alcalde de Vigo, sexa o encargado de dar o pistoletazo de saída a esta orixinal proposta.
Contaremos con 80 saltadores que xa están a preparar as vestimentas máis divertidas para dar o seu gran salto no ESPECTACULAR charco que deseñamos para a ocasión. A idade non importa cando falamos de salto de charcos, xa que se inscribiron saltadores desde os 5 anos ata os 75 anos.
O campionato, ademais de repartir máis de 1.000 euros en premios entre os vencedores, terá unha gran connotación solidaria xa que entre os premios haberá outros 1.000 euros para donativos económicos ás ONG/Asociacións que elixan os gañadores das catro categorías: Salto Solitario, Salto para dous, O clan dos saltadores e Peque Salto. Algunhas das ONG/Asociacións polas que se decantan os participantes son Bicos de Papel, Fundación Érguete, Federación Española de Enfermidades Raras ou Protectora de Animais do Morrazo, entre outras. Este carácter solidario do campionato foi o factor principal que motivou a gran participación dos clientes.
O día da final do campionato un xurado composto pola directora de márketing da Gran Vía de Vigo e de Biscuits Galicia, un representante de Down Vigo e unha representante da axencia creativa do centro comercial determinarán que saltos son os xustos merecedores dos premios. Teranse en conta factores como a ilusión e ganas de saltar, e apoiar o carácter solidario do evento, ademais da vestimenta ou o moito que salpique o salto (isto calcularémolo a través dun espectacular SALPICÓMETRO). Ademais, contaremos coa presenza do popular grupo Broken Peach que animará con música en directo. Desde o noso Facebook os clientes poderán seguir en directo o campionato.
Tamén, sortearanse 100 euros entre todos os participantes. Ademais, BISCUITS GALICIA regalará packs das súas deliciosas galletas aos que resulten gañadores e no noso Facebook proximamente levaremos a cabo un sorteo dun MEGALOTE dos seus produtos.
A pesar de que a cota de prazas para participar esgotouse, a Gran Vía de Vigo anima a todos os seus clientes a facerse membros da ASOCIACIÓN ESPAÑOLA DE SALTO DE CHARCOS no Punto de Atención ao Cliente xa que haberá sorteos, concursos e moitas sorpresas para todos os asociados.

Comentar noticia

Your email address will not be published.