Exitosa convocatoria na terceira edición do Torneo nocturno de fútbol sala Don Bosco e do obradoiro de baile de Abertal

Mais dun cento de inscritos neste torneo que se ofrece dentro do amplo e intenso programa de actos para a celebración das festas do aniversario da fundación do Centro Xuvenil Abertal dos salesianos.
Por o 20/01/2017 | Sección: Social
Exitosa convocatoria na terceira edición do Torneo nocturno de fútbol sala Don Bosco e do obradoiro de baile de Abertal

O Centro Xuvenil Abertal, asociación socia fundadora da Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia, organiza, para hoxe, 20 de xaneiro este torneo nocturno de fútbol sala.

“Había nivel e bo rollo”

Así de claros se mostraron algúns dos inscritos ao seren preguntados por los motivos da súa inscrición e de onde recibiran a información. Hai unha diversidade grande no formato, na profesionalidade, e nas ideades dos equipos participantes que, contra o que algúns puideran pensar, ata este momento deu sempre moi bo resultado e unha lección de convivencia e respecto a calquera que se achegue a presencialo.

Noite, diversión e ocio saudable son as palabras clave que moveron á entidade decana no tempo libre vigués a dar forma a esta oferta. “É semellante, mais non é igual ca outros torneos que hai por aí adiante” comentaba Pablo de San Ildefonso namentres se inscribían na rúa Venezuela.

Á vez desenvolverase unha nova edición do obradoiro de baile, de danzas africanas e caribeñas que será animado por Antonio Fernández Marchante e que terá lugar nas salas do Centro Xuvenil.

Con premio!

Grazas a colaboración do colexio salesiano, da ANPA e do clube de fútbol entregaranse os correspondentes premios aos mellor clasificados desta edición.