Exitosa e espectacular XVIII edición da Feira Franca

A organización destaca a implicación dos centos de persoas que cada ano participan activamente na festa, convertíndoa nun referente do calenario festivo do verán galego
Por o 05/09/2017 | Sección: Galicia,Pontevedra,Turismo
Exitosa e espectacular XVIII edición da Feira Franca

Pontevedra volveu a vivir esta fin de semana unha espectacular Feira Franca, cita obrigada do calendario festivo do verán galego, e sendo reclamo para moitos visitantes de fóra do país, como se puido comprobar polas rúas e prazas do centro histórico e da Alameda, ateigadas de persoas.

Dende a organización da Feira Franca destácase a participación activa das persoas, que son éxito deste evento festivo. Centos de veciños de Pontevedra celebraron a Feira Franca ceando e comendo nas rúas e prazas da cidade, unha actividade completada cos establecementos de hostalería que destacaron pola súa axeitada ambientación,
trasladando o centro histórico da cidade a Idade Media.

A maioría de idade da Feira Franca desenvolveuse sen especiais incidencias. Arredor de 50 persoas acudiron ao posto de atención médica instalada nas inmediacións do Teatro Principal. A maioría das asistencias foron por lipotimias, aínda que tamén se rexistraron outras de distinta índole como o dunha persoa que presentaba un corte nunha man por un coitelo. Todas elas de escasa entidade, e só unhas poucas foron trasladadas a un centro
sanitario.

Os traballos de limpeza de todo o recinto da Feira Franca comezaron coas primeiras luces do día, e prolongáronse até primeiras horas da tarde, para devolver a Pontevedra ao século XXI.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.