Expertos en gastroenteroloxía e nutrición debaten no Clínico sobre a atención nutricional integral ao neno con patoloxía crónica

O Hospital Clínico Universitario acolle o II Curso Galego en Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica e da Sociedad de Pediatría de Galicia, dirixido pola responsable da unidade da Xerencia de Santiago, Rosaura Leis Trabazo quen na inauguración da xornada estivo acompañada polo director de procesos da área sanitaria compostelá, Antonio Álvarez.
Por o 10/10/2018 | Sección: Sanidad
Expertos en gastroenteroloxía e nutrición debaten no Clínico sobre a atención nutricional integral ao neno con patoloxía crónica
Esta segunda edición do curso que xunta máis de 100 asistentes no hospital Clínico está dirixida principalmente a residentes de Pediatría e a pediatras tanto hospitalarios como de atención primaria, e ten como obxectivo afondar no coñecemento da atención nutricional integral do neno con patoloxía crónica, especialmente con enfermidade neurolóxica e con fibrose quística, para o que contan coa participación de figuras internacionais referentes en Gastroenteroloxía e Nutrición Pediátrica e en Coidados Paliativos Pediátricos. Ademais terán lugar debates con especialistas en neuroloxía pediátrica, rehabilitadores, nutricionistas, representantes de coidadores, entre outros. Haberá tamén unha mesa de casos clínicos comentados e talleres sobre valoración nutricional e avaliación e optimización da inxesta, moderadas por expertos das distintas Unidades de Gastroenteroloxía, Hepatoloxía e Nutrición Pediátrica dos hospitais de Galicia.
A nutrición é una ciencia multidisciplinar e transversal que nalgunhas patoloxías constitúe o único tratamento e en todas é coadxuvante da terapia e asegura unha mellor calidade de vida e prognóstico. No coidado do paciente crónico están implicadas moitas especialidades e tamén, dun xeito relevante, os coidadores, que están representados no curso e forman parte dos debates.
Segundo indica Rosaura Leis, directora do curso, “escollemos estas dúas patoloxías crónicas porque o neno con patoloxía neurolóxica presenta en numerosas ocasións dificultades para la alimentación oral, o que supón un risco importante de desnutrición”. O coñecemento das técnicas de valoración nutricional nestes pacientes, a identificación de riscos e saber como optimizar a súa alimentación permitirá unha asistencia continuada de calidade entre a atención primaria e hospitalaria, que redundará nunha maior calidade de vida e mellor prognóstico nestes nenos.
A Fibrose Quística, unha patoloxía crónica multiorgánica, ten experimentado un notable incremento da esperanza de vida dos nenos afectos nos últimos anos, directamente relacionado con avances no diagnóstico e novos tratamentos. Sen embargo, cómpre destacar que unha adecuada alimentación e nutrición colaboran, en gran medida, a este mellor prognóstico.
Estou segura que a alta calidade dos poñentes, as sesións de discusión abertas, os casos clínicos comentados e os talleres prácticos farán que a xornada sexa un éxito científico” afirma a doutora Leis. “Amais o curso permitirá afondar na formación dos nosos residentes, os nosos clínicos e os coidadores con fin de conseguir o mellor aporte nutricional a estes pacientes”, conclúe.
O Curso solicitou a acreditación da Comisión de Formación Continuada das Profesións Sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia (Sistema Acreditador de Formación Continuada).
Saúdos

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.