Explota un tanque de gas nunha piscina dun hotel en Sanxenxo

Publicado por o día 03/09/2018 na sección de Sucesos

Explota un tanque de gas nunha piscina dun hotel en Sanxenxo

Un tanque de gas dunha piscina anexa a un hotel estourou esta tarde en Sanxenxo sen que ningunha persoa resultase ferida. A explosión produciuse debido á acumulación de gas nunha galería pola que pasa unha tubaxe que alimenta un depósito de propano. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, cando comezou a funcionar o dispositivo da piscina explotou o gas acumulado.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 13:10 horas a través do persoal do hotel e, nada máis recibir a alerta, dende o 112 Galicia pasouse o aviso ao GES de Sanxenxo, aos Bombeiros de Ribadumia, á Garda Civil e a empresa subministradora do gas. Ademais, os xestores do 112 Galicia informaron, por precaución, ao 061-Urxencias Sanitarias.