Exposición da pintora Chelo Rielo no Multiusos da Xunqueira

Publicado por o día 08/02/2018 na sección de Galicia,Redondela

Exposición da pintora Chelo Rielo no Multiusos da Xunqueira

O pasado venres 2 de febreiro quedou inaugurada na sala I do edificio Multiusos dá Xunqueira a exposición pictórica da artista redondelana Chelo Rielo.

Esta muller, nada e veciña de Redondela, leva xa co pincel na man moitos anos, e nesta exposición móstranos un catálogo do seu traballo así como parte das súas últimas pinturas.


Centrada gran parte delas na figura humana, cun bo estudo da cuarta dimensión e algo cubista, tamén aparecen na súa obra paisaxes da zona e abstractos fluídos e armoniosos.

Unha exposición moi completa e na que a artista comparte co público máis de trinta obras, que estarán expostas durante todo o mes de febreiro.

Chelo xa expuxo con anterioridade en Redondela, con exposicións propias e nalgunhas de múltiples autores.