Exposición de pintura de Aurora e Rosana Quinteiro no auditorio municipal de Ponteareas

Publicado por o día 18/09/2018 na sección de Galicia,Ponteareas

Exposición de pintura de Aurora e Rosana Quinteiro no auditorio municipal de Ponteareas

A concellería de Cultura e Turismo que dirixe Hortensia Bautista convida a toda a veciñanza a gozar da exposición de pintura de Aurora Quinteiro no auditorio municipal de Ponteareas.

A mostra estará aberta ata o 30 de setembro en horario de mércores a venres de 18 a 20 horas e sábados de 11 a 13 horas.

Aurora Quinteiro expón xunto a Rosario Quinteiro cunha variedade de pinturas sobre lenzo ao óleo e acuarela que leva ao límite o realismo.