Exposición fotográfica “O Vigo que [NON] sorrí”

Por o 04/02/2018 | Sección: Cultura,Galicia,ODS Coia,Social,Vigo
Exposición fotográfica “O Vigo que [NON] sorrí”
luns 5 de febreiro nos locais da parroquia do Cristo da Vitoria preséntase a exposición “O Vigo que [NON] sorrí” do fotógrafo Aarón Diez. Poderá visitarse en horario de tarde até o 25 de febreiro.
“O Vigo que [NON] sorrí amosa a dura realidade de algúns dos nosos veciños e veciñas. As fotografías foron tomadas durante o inverno pasado en diferentes barrios da cidade. Trata de amosar a realidade dun Vigo que non sorrí porque non ten motivos para facelo. O Vigo do non: do non teño casa, non teño traballo, non teño voz, non teño dereitos… O Vigo que non queremos ver ou que só miramos de esguello”.
A iniciativa nace como resposta á exposición patrocinada polo Concello de Vigo, en xullo de 2016, onde amosaban un Vigo sorrinte. “Con este traballo non pretendemos criticar a boa vontade do proxecto, que quería sacar un sorriso á xente, buscamos apelar á empatía e á responsabilidade colectiva ante os dramas sociais que temos na porta de casa, aqueles que as institucións tratan agochar”, opina o fotógrafo, que sinala que “vivimos nunha cidade fermosa pero onde hai demasiadas personas que non poden gozar dela”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.