A exposición Hefesto Arte Inclusiva, no Pazo da Cultura ata o 14 de xaneiro

Por o 05/12/2017 | Sección: Cultura,Galicia,Pontevedra
A exposición Hefesto Arte Inclusiva, no Pazo da Cultura ata o 14 de xaneiro

A exposición Hefesto, Arte Inclusiva, que puido ser visitada no Culturgal, permanecerá na Sala de exposicións do Pazo da Cultura ata o 14 de xaneiro.

O programa Hefesto, que promove a Concellería de Benestar Social, centrouse este ano no mundo da arte a través de creadores locais, onde estableceuse un entorno no que persoas con diversas capacidades das asociacións pontevedresas Amencer, Asociación Amizade e COGAMI, XOGA, Asociación Juan XXIII e Xuntos Asociación Síndrome de Down, puideron compartir ao longo de tres xornadas do mes de outubro unha experiencia artística común mediada por tres artistas locais: O’Ras, Basilisa Fiestras e Román Corbato.

A exposición amosa as obras realizadas polos participantes e artistas durante estas xornadas de creación artística, ademais dunha instalación artística adaptada para persoas con discapacidade física creada pola artista Laura Álvarez.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.