Exposición na Casa das Mulleres “Pintando en pastel”

Publicado por o día 06/10/2016 na sección de Concello de Vigo,Cultura,Vigo

Exposición na Casa das Mulleres “Pintando en pastel”

Desde o día 7 de outubro a Casa das Mulleres acollerá a exposición “Pintando en pastel” que recompila os traballos realizados polas alumnas que participaron no 1º obradoiro de pintura en pastel, impartido por Paula Mariño.

A mostra poderase visitar ata o día 21 de outubro, de luns a venres, en horario de 17:30 a 21:00h.