Exposición pública para o Plan de actuación por risco de rotura do encoro de Eiras

Publicado por o día 11/02/2019 na sección de Galicia,Pontevedra

Exposición pública para o Plan de actuación por risco de rotura do encoro de Eiras

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá someter a exposición pública o Plan de actuación por risco de rotura da presa de Eiras para elevalo a definitivo. Este plan pretende evitar, na medida do posible, a rotura da presa e minimizar as consecuencias sobre as poboacións situadas augas abaixo.

Neste plan inclúense como lugares afectados dentro da parroquia de Ponte Sampaio: Souto, Rabaleira, A Ponte ou O Vao; ademais de lugares de especial vulnerabilidade como o CEIP de Ponte Sampaio, o Consultorio médico, o Mercado, a biblioteca, Illa de Medal, as pontes, o campo de fútbol ou o campo da festa.

Comentar noticia

Your email address will not be published.