Exposición “Un estudo chamado Galiza: a modernidade a través das imaxes”

Publicado por o día 16/12/2013 na sección de Cultura

Exposición “Un estudo chamado Galiza: a modernidade a través das imaxes”

  O Centro Social da Fundación Novacaixagalicia en Vigo acollerá desde mañá a mostra «Un estudo chamado Galiza: a modernidade a través das imaxes». A exposición, enmarcada dentro do Festival Outono Fotográfico, está formada por 217 fotografías dos anos 40 aos 60. Son instantáneas capturadas por dous fotógrafos, Xosé Piñeiro Priegue, “Pepe Esteirán”, (1930-2002) e José Vázquez Arias, “Rizo”, (1917-1975) que habitaron cada un nas dúas Galicias, a do interior e a da costa “con dous estilos ben diferentes e unha curiosidade innata como trazo común que constitúen un retrato antropolóxico da Galicia da súa época”.

   A mostra, que se inaugurará oficialmente ás 19.30 h, estará aberta ata o 25 de xaneiro e poderá visitarse de luns a sábado de 17.30 h a 20.30 h na Sala I do Centro Social da Fundación Novacaixagalicia en Vigo, na rúa Policarpo Sanz 26.