Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira

Este lume, que entrou por Portugal, afectou ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés
Publicado por o día 14/03/2017 na sección de Galicia,Ourense,Vigo,Xunta de Galicia

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira

A superficie afectada é de 35 hectáreas de monte raso, segundo últimas estimacións. A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Entrimo, na parroquia da Pereira. O lume entrou por Portugal e afectou ao parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

O lume iniciouse ás 18:15 horas da tarde de onte e quedou extinguido ás 14:29 horas deste mediodía. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 35 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción participaron 6 axentes, 8 brigadas e 6 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.