Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 20 hectáreas rasas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés

A Consellería do Medio Rural informou da extinción do incendio forestal no municipio ourensán de Entrimo, parroquia de Venceáns.

O lume iniciouse na tarde de onte ás 17:15 horas e quedou extinguido ás 02:13 horas desta madrugada. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 20 hectáreas rasas no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Nos traballos de extinción participaron 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.



Publicado por Rubens Rocha

Rubens Rocha

Nado en Vigo hai 34 anos. Nacionalista Galego, Fotoxornalista, activista defensor dos dereitos humanos e ambientais. Buscando que se recoñeza e respecte os patrimonios da cidade de Vigo.

ETIQUETAS:

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

ANUNCIOS DESTACADOS EN VIGO

crear anuncio

Vigo Marketing

http://www.vigomarketing.com

Diseño web, posicionamiento, marketing y publicidad en Vigo

Amura Restaurante

http://www.amuravigo.es

Gran variedad de pescados, carnes, mariscos y pastas en Carral 32

Servicios web

http://www.donwebmaster.com

Dominios, hosting, diseño web, redacción, .. al mejor precio

ARI

http://editorialcirculorojo.com

El libro de Luis Soler con una historia que te sorprenderá