Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Placín Escoitar

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 125 hectáreas de monte raso
Por o 03/04/2017 | Sección: Galicia,Ourense,Sucesos,Vigo,Xunta de Galicia
Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Manzaneda, parroquia de Placín Escoitar
Compartir en:

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Manzaneda, parroquia de Placín.

O lume iniciouse ás 15:05 horas de onte domingo e quedou extinguido ás 23:00 horas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 125 hectáreas de monte raso. Nos traballos de extinción participaron 3 axentes, 15 brigadas, 5 motobombas e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.