Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelo

Este lume, que chegou ao concello veciño de Viana do Bolo, afectou unha superficie de 22,3 hectáreas de monte raso
Publicado por o día 09/08/2017 na sección de Medio Ambiente

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelo

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos.

Ás 10,54 h. desta mañá quedaba extinguido o lume rexistrado onte ás 21,51 h. no concello ourensán de Vilariño de Conso, parroquia de Mormentelos, que tamén afectou ao municipio veciño de Viana do Bolo, parroquia de Vilarmeao. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 22,3 hectáreas de monte raso. Nel traballaron 3 axentes, 14 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.