Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio coruñés de Monfero, parroquia de San Fiz

Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie de 24 hectáreas, das cales 20 son de monte raso e as catro restantes de arborado
Publicado por o día 16/06/2017 na sección de A Coruña,Galicia,Medio Ambiente

Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio coruñés de Monfero, parroquia de San Fiz

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume forestal rexistrado no concello coruñés de Monfero, parroquia de San Fiz.

Este incendio comezou onte ás 12,51 h. e quedou extinguido ás 2,12 h. desta madrugada. Na súa extinción traballaron un total de 13 axentes, 17 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 6 helicópteros. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 24 hectáreas, das cales 20 son de monte raso e as catro restantes de arborado.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.