Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Grou

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 133 hectáreas, das cales 63 foron de monte raso e o resto de arborado
Por o 11/04/2017 | Sección: Medio Ambiente,Sucesos,Vigo,Xunta de Galicia
Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Lobios, parroquia de Grou
Compartir en:

A Consellería do Medio Rural informa da extinción do lume rexistrado no concello ourensán de Lobios, parroquia de Grou.

Este incendio forestal comezou o domingo ás 17:35 horas e quedou finalmente extinguido ás 15:00 horas deste mediodía. Segundo últimas estimacións, a superficie afectada foi de 133 hectáreas, das cales 63 son de monte raso e o resto de arborado. Na súa extinción traballaron 10 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas e 5 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que permanecen prohibidas as queimas de restos agrícolas e forestais ata novo aviso. Está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.