Extinguido incendio forestal rexistrado en Melón

Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie de 36,2 hectáreas, 30 de monte arborado e 6,2 de raso
Publicado por o día 24/05/2017 na sección de Sucesos,Vigo

Extinguido incendio forestal rexistrado en Melón

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, quedou extinguido ás 19,13 h.

Este incendio comezaba ás 23,40 h. de onte e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 36,2 hectáreas, das que 30 son de monte arborado e 6,2 de raso. Na súa extinción traballaron 6 axentes, 9 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está á disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.