Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins

Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 159,77 hectáreas, das cales 111 foron de monte raso e as 48,77 restantes de arborado
Por o 21/06/2017 | Sección: Medio Ambiente,Sucesos
Extinguido o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins
Compartir en:

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio rexistrado no concello ourensán de Melón, parroquia de Quins, quedou extinguido ás 10,30 h. de hoxe. Segundo as últimas estimacións, este lume afectou unha superficie de 159,77 hectáreas, das cales 111 corresponden a monte raso e as 48,77 restantes a arborado.

Este incendio comezou ás 23,00 h. do domingo e no seu control traballaron 14 axentes, 24 brigadas, 10 motobombas, 1 pa e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.