Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 95,73 hectáreas
Publicado por o día 29/03/2019 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume forestal rexistrado no concello coruñés de Boiro, parroquia de Lampón, quedou extinguido ás 19,30 h. desta tarde.

O incendio iniciábase ás 23,41 h. de onte e, segundo as últimas estimacións provisionais, afectou unha superficie de 95,73 hectáreas, das cales 5 foron de monte arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron 1 técnico, 9 axentes, 13 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.