Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 26 hectáreas de monte raso
Publicado por o día 13/01/2019 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Extinguido o incendio forestal do concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio

A Consellería do Medio Rural informa da extinción ás 14,10 h. do lume forestal no concello coruñés de Fisterra, parroquia de San Martiño de Duio.

O incendio comezou ás 06,58 h. e, segundo as últimas estimacións, afectou 26 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 2 axentes, 2 brigadas, 2 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.