Extinguido o incendio forestal do concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro

Segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 100 hectáreas de monte raso
Publicado por o día 04/09/2018 na sección de Galicia,Medio Ambiente,Sucesos

Extinguido o incendio forestal do concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro, quedou extinguido ás 17,22 h. desta tarde.

O incendio comezaba ás 17,31 h. do domingo e todo parece indicar que foi causado por un raio. Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 100 hectáreas de monte raso. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 11 axentes, 48 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.