Extinguido o incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Couzadoiro

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie definitiva de 18,7 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de superficie rasa
Publicado por o día 17/02/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Extinguido o incendio forestal no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Couzadoiro

A Consellería do Medio Rural informa de que o lume rexistrado no concello coruñés de Ortigueira, parroquia de Couzadoiro, xa está extinguido.

O incendio comezou onte ás 23,20 h. da noite e deuse por extinguido ás 18,10h. desta tarde. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 18,7 hectáreas, das cales 5 son de monte arborado e o resto de monte raso. Na súa extinción traballaron 4 axentes, 20 brigadas e 10 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.