Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 26 hectáreas
Publicado por o día 07/09/2018 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño

A Consellería do Medio Rural informa da extinción ás 13,42h. do lume forestal rexistrado no concello coruñés de Carnota, parroquia de Lariño, que comezou onte ás 15,41 h da tarde.

Segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 26 hectáreas, das cales 23 foron de monte raso e 3 de arborado. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 7 axentes, 20 brigadas, 10 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 3 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.