Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas

Segundo as últimas estimacións, afectou 45 hectáreas, das cales 24 foron de arborado e as 21 restantes de monte raso
Publicado por o día 08/05/2018 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas

A Consellería do Medio Rural informa de que ás 19,04 horas desta tarde quedou extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de San Xoán de Río, parroquia de Seoane de Argas.

O lume comezaba ás 13,33 horas e segundo as últimas estimacións afectou unha superficie de 45 hectáreas, das cales 24 corresponden a monte arborado e as 21 restantes a raso. Para extinguir este incendio mobilizáronse 3 axentes, 11 brigadas, 4 motobombas e 4 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.