O lume orixinado na parroquia de Nespereira, no concello de Pazos de Borbén, estendeuse por Redondela ao longo desta madrugada, calcinando algo máis de 10 hectáreas, segundo as primeiras estimacións. Nestes momentos xa está extinguido. O fume levantou as alarmas non só dos veciños da zona, tamén dos doutros puntos da comarca de Vigo así se puido observar esta pasada madrugada nas redes sociais.
A alerta deuse entre as 23.00 e as 00.30 horas desta noite e sobre as 8.00 horas desta mañá deuse por sufocado. O lume avivase por mor do vento que estaba a sacudir a zona.
Actuaron tres camións do parque de bombeiros de Mos e diversos efectivos con motobombas do Distrito Forestal 18 da Consellería do Medio Rural. O incendio devorou ao redor de 10 hectareas de masa forestal -a falta de perimetrar o territorio na súa totalidade-, sen afectar a vivendas nin mobiliario urbano, trepando ata A Madroa. Aínda permanecen no punto varios membros da Xunta para regar e refrescar a zona e así asegurar por completo a súa extinción.
#ÚltimaHora #Lume #Nespeira #PazosBorbenNespeira 3:05hVideo vía Incendios galicia
Publicada por Noticias de Vigo en Viernes, 13 de septiembre de 2019
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.