Extinguido un incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou o parque natural do Xurés

Iniciouse onte pasadas as 21,00 h. da noite e afectou unha superficie de 2,5 hectáreas de monte raso
Publicado por o día 17/08/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Extinguido un incendio forestal do concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que afectou o parque natural do Xurés

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, e que afectou o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés, quedou extinguido ás 01,56 h. desta madrugada.

O lume iniciábase onte ás 21,05 horas e, segundo as últimas estimacións, afectou unha superficie de 2,5 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse en total 3 axentes, 6 brigadas e 4 motobombas.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.