Extinguido un incendio que calcinou por completo unha vivenda en Cospeito sen causar danos persoais

Publicado por o día 07/09/2019 na sección de Sucesos

Extinguido un incendio que calcinou por completo unha vivenda en Cospeito sen causar danos persoais

Un incendio declarado no interior dunha vivenda, no concello lucense de Cospeito, mantivo en alerta aos servizos de emerxencia na madrugada de hoxe. Por fortuna, ninguén resultou ferido aínda que o inmoble ardeu por completo.

Ás 17:45 horas da tarde de onte, os xestores do 112 Galicia recibiron a chamada de varias persoas particulares, que informaban dun lume nunha casa no lugar de Moinelos, na parroquia de Xustás, en Cospeito.


Segundo puido saber o 112 Galicia, o lume quedou sufocado ao redor das 03:00 horas. Con todo, os servizos de extinción advirten que a vivenda pode fumegar aínda durante algúns días debido ás elevadas temperaturas alcanzadas.

Ata o punto desprazáronse, tras ser alertados polo Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, os Bombeiros de Vilalba, axentes da Garda Civil e tamén os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Comentar noticia

Your email address will not be published.