Extinguidos esta madrugada dous lumes no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13,30 h de hoxe
Publicado por o día 07/08/2020 na sección de Medio Ambiente,Sucesos

Extinguidos esta madrugada dous lumes no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais rexistrados con datos recollidos ata as 13,30 h. de hoxe.

Lobeira

Estabilizado ás 12,05 h. deste mediodía o incendio do concello ourensán de Lobeira, parroquia da Fraga, que afecta o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Segundo as primeiras estimacións, rolda unhas 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse ata o momento 4 axentes, 8 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 4 avións e 3 helicópteros.

Muíños

Extinguidos esta madrugada dous lumes no concello ourensán de Muíños, parroquia de Requiás, que tamén afectaron o Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. O primeiro iniciouse ás 22,35 h. da pasada noite e quedou sufocado ás 1,53 h., afectando finalmente 1 hectárea de monte raso. Neste caso, mobilizáronse 2 axentes, 4 brigadas e 2 motobombas.

O segundo lume de Requiás orixinouse ás 23,30 h. e quedou extinguido ás 1,58 h. da madrugada. Afectou 0,07 hectáreas rasas e supuxo a mobilización de 1 axente, 2 brigadas e 1 motobomba.

Viana do Bolo

Segue estabilizado o incendio forestal rexistrado no municipio de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo. Este lume comezou o pasado luns e, segundo as últimas estimacións, afecta unhas 200 hectáreas. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para o seu control lévanse mobilizado ata o de agora 17 axentes, 52 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 9 avións e 8 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Comentar noticia

Your email address will not be published.