Fabiola García apela á implicación de toda a sociedade galega para unha inclusión real das persoas con diversidade funcional

Destaca o investimento de 106 millóns de euros en atención á discapacidade nos Orzamentos de 2019
Por o 05/12/2018 | Sección: Xunta de Galicia
Fabiola García apela á implicación de toda a sociedade galega para unha inclusión real das persoas con diversidade funcional

A conselleira de Política Social, Fabiola García, apelou á implicación de toda a sociedade galega para unha inclusión real das persoas con diversidade funcional. Fíxoo no acto conmemorativo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade celebrado esta mañá no Parlamento, no que participou xunto con representantes de entidades galegas do terceiro sector.

Fabiola García destacou os avances realizados pola Xunta neste eido, que se plasman nos 106 millóns de euros de investimento en atención á discapacidade recollidos nos orzamentos de 2019. Esta contía supón un 63% máis que a que se destinaba a esta finalidade hai nove anos. Un incremento que se traduce, entre outras melloras, na consolidación da rede de prazas públicas de discapacidade, con 1100 máis que en 2009, ou na extensión do servizo de atención temperá a 90 concellos, fronte aos 15 que dispuñan desta prestación fai nove anos.

A conselleira de Política Social subliñou que o Goberno galego seguirá a traballar para acadar unha comunidade “na que todos, sexan cales sexan as nosas capacidades, sexamos verdadeiramente libres, verdadeiramente iguais”. Por iso, ratificou o compromiso da Xunta para continuar con esta liña de actuacións, co fin de acabar coas dificultades que se atopan as persoas con diferentes capacidades, garantirlles a eles e as súas familias unha atención axeitada ás súas necesidades en calquera parte de Galicia e, polo tanto, conseguir unha integración plena na sociedade.

Neste sentido, felicitou ás entidades sociais polo seu traballo e a súa dedicación, e agradeceulles o seu compromiso por “contribuír a facer unha Galicia mellor, máis acolledora e máis integradora”.

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.