Fabiola García destaca a creatividade dos participantes no certame de Tarxetas de Nadal do Special Olympics

Foron premiadas 25 persoas e 33 entidades dedicadas á atención á discapacidade intelectual
Publicado por o día 11/02/2020 na sección de Social,Xunta de Galicia

Fabiola García destaca a creatividade dos participantes no certame de Tarxetas de Nadal do Special Olympics

A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou esta mañá a creatividade dos participantes no 24 certame de Tarxetas de Nadal do Special Olympics. Así o manifestou durante a entrega de premios desta competición onde foron recoñecidas 25 persoas e 33 entidades dedicadas á atención á discapacidade intelectual.

Fabiola García agradeceu ás entidades que conforman Fademga o impulso de iniciativas como Special Olympics, que buscan incentivar a motivación e o espírito de superación das persoas con discapacidade. Neste sentido, lembrou que a comunicación constante que mantén a administración con todas elas é fundamental para coñecer as necesidades e prioridades ás que se enfrontan.

Así mesmo, a conselleira sinalou que para contribuír na difusión do talento dos participantes nestes certame enviou unha postal dunha usuaria aos seus achegados para felicitar as festas. Unha pequena achega, puntualizou, que permite dar a coñecer ao resto da sociedade as capacidades das persoas con discapacidade intelectual.

Comentar noticia

Your email address will not be published.