A conselleira de Política Social, Fabiola García, asegurou esta tarde no Parlamento que o intenso traballo de prevención e detección da covid levado a cabo nos últimos meses nas residencias de maiores e persoas con discapacidade fan hoxe destes centros os lugares máis protexidos de Galicia. Ademais de ser as primeiras en recibir tanto a primeira como a segunda dose da vacina, as residencias contan cun intenso sistema de control para a detección de casos positivos a través de cribados por PCR e test de antíxenos aos traballadores e usuarios que impediron un número maior de contaxios.
Fabiola García aproveitou a súa comparecencia para lembrar que esta mesma mañá o Comité Asesor Sociosanitario mantivo a súa primeira reunión formal, logo dun primeiro encontro inaugural, a través de videoconferencia. Este grupo de traballo está integrado por expertos en diferentes campos dos sectores das residencias, a sanidade, a arquitectura ou a investigación, ademais de representantes de familiares de residentes, entre outros.
O obxectivo deste comité é atender as novas necesidades xeradas a raíz da covid-19 e mellorar os servizos residenciais de Galicia para a era poscovid. Este novo modelo, lembrou a conselleira de Política Social, “abrangue non só aos centros residenciais, senón tamén todos aqueles que axuden aos cidadáns a seguir vivindo de xeito independente nos seus fogares e participar na sociedade”.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.