Facu Díaz e Miguel Maldonado presentan en Afundación a súa nova proposta, No te metas en política. El nuevo tour

Estarán no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela o venres 8 de novembro e no Teatro Afundación de Vigo os días 9 e 10 de novembro
Publicado por o día 04/11/2019 na sección de Eventos,Galicia,Vigo

Facu Díaz e Miguel Maldonado presentan en Afundación a súa nova proposta, No te metas en política. El nuevo tour

Afundación, a Obra Social de ABANCA, albergará nas cidades de Santiago de Compostela e Vigo a nova proposta humorística dos cómicos Miguel Maldonado e Facu Díaz, No te metas en política. El nuevo tour. Estarán o vindeiro venres 8 de novembro, ás 21.00 h, no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela, e no Teatro Afundación de Vigo o sábado 9 de novembro, ás 20.30 h, e o domingo día 10 a partir das 19.00 h. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com.

NO TE METAS EN POLÍTICA. EL NUEVO TOUR, DE FACU DÍAZ Y MIGUEL MALDONADO

Tras deixar atrás a xira No te metas en política Tour e o seu programa homónimo, Miguel Maldonado e Facu Díaz volven á estrada cun novo espectáculo de comedia que recolle e amplía o espírito alternativo e crítico co que levan máis de cinco anos traballando xuntos. El nuevo tour, que é como decidiron chamalo nun alarde de orixinalidade e frescura, é unha mestura do político e o frívolo, un espectáculo no que voluntaria ou involuntariamente terminarán demostrando o difusa que é a liña entre ambos os dous conceptos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.