FACUA alerta dun erro no airbag dos Skoda Octavia, Rapid, Fabia, Kodiaq, Karop e Superb

A Dirección Xeral de Consumo advirte de que é posible que non se infle coa rapidez necesaria, polo que pode non ofrecer suficiente protección ao condutor en caso de accidente.
Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Motor,Social,Xunta de Galicia

FACUA alerta dun erro no airbag dos Skoda Octavia, Rapid, Fabia, Kodiaq, Karop e Superb

FACUA-Consumidores en Acción alerta do fallo do airbag do condutor dianteiro nos Skoda Octavia, Rapid, Fabia, Kodaq, Karop e Superb, en concreto nos modelos 2018-2019.

A Dirección Xeral de Consumo informou de que o problema radica en que o airbag pode non inflarse coa rapidez necesaria, polo que é posible que non ofreza suficiente protección ao condutor en caso de accidente.

Esta incidencia está incluída, con data de 21 de agosto, na rede de alertas deste organismo, dependente do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Volkswagen Group España Distribución comunicou este problema ás autoridades de consumo de Cataluña e contactou cos propietarios dos vehículos afectados para substituír o airbag do volante.

A compañía non ofrece ningunha información sobre este asunto a tráves da súa páxina web.

Comentar noticia

Your email address will not be published.